Blogia

Andresadas

Estamos trabajando en ello...

Estamos trabajando en ello...

Clica aquí para este simpático mp3

Estamos trabajando en ello... Hemos dedicadou tiempou ayer y esta mañana en trabajar en ello... Grandes palabras do noso presidente, que trata de acercarse máis ós americanos, empregando un acento texano no seu discurso que impresiona a tódolos periodistas...

O Madrid con penalti e expulsión a favor, acaba gañando 0-3

O Madrid con penalti e expulsión a favor, acaba gañando 0-3

O Madrid consegue, un ano máis vencer no Vicente Calderón. A victoria foi encarrilada moi cedo, cun penalti supostamente cometido por Antonio López sobre Raúl. O árbitro non lle tremou o pulso á hora de decreta-la pena máxima. A repetición ofrece moitas dúbidas. Ademáis, Antonio López foi expulsado polas protestas, con tarxeta vermella directa, polo que perderá os dous próximos encontros de Liga. O penalti foi transformado por Ronaldo, o ariete brasileiro vai perseguindo a Eto´o na lista de máximos goleadores...

O fútbol foi moi pouco vistoso por parte dos merengues, e moi voluntarioso por parte dos vermellibrancos, que gozaron de diversas oportunidades para bater a Casillas, unha vez máis, o heroe do seu equipo. Na segunda parte o Madrid realizou os seus trocos, entre eles Guti, quen lle deu máis elegancia ó xogo dos de Luxemburgo. Un pase en profundidade a Ronaldo de Guti, e unha definición excepcional do brasileiro, decantaron o choque a favor dos brancos... Nos últimos intres de partido, e xa sen nada que facer, o Madrid consegue o terceiro, logo dun erro de Perea no rexeite, que fa que entre o baón na portería de Leo Franco... O Madrid colócase líder á espera do que fagan ó resto o domingo...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando...

O Barça deixou escapar en Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas: Ronaldinho y Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de Buenafuente, co seu típico aleteo de mans.

Despois do gol de Eto´o, Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a Molina... O Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol.

Nada máis comeza-la segunda parte, Ronaldinho volveu inqueda-la meta de Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a Molina por falta a Deco... Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul...

O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde, Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero os galegos espertaron... Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade, Rubén Castro, tras un disparo de Taborda que bate no poste esquerdo de Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a Deportivo. Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado...

Así quedan os partidos de repesca

Así quedan os partidos de repesca

Ademais do partido entre Eslovaquia e España, concretáronse outros emparellamentos na zona europea. Ó final, Suiza enfrontarase a Turquía nun encontro de alta expectación, xa que ambos son equipos con grandes cualidades. Por último, a sorte doulla á República Checa a Noruega coma rival para esta repesca europea.

A representación de Oceanía será levada a cabo, coma de costume, por Australia, que se terá que enfrontar ó quinto clasificado do grupo da zona CONMEBOL, é dicir, de Sudamérica, neste caso, os charrúas, Uruguai.

Bahrein ten unha posibilidade histórica para clasificarse a un Mundial. Tras pasar unha difícil repesca fronte a Uzbekistán, a selección de Oriente Medio terá que disputar outra repesca máis ante o cuarto clasificado do grupo da zona CONCACAF, neste caso, o conxunto de Trinidade e Tobago... Ademais dos 27 equipos xa nomeados en artigos anteriores, quedan por saber as cinco seleccións que saíran destas repescas para completar os 32 conxuntos millores do mundo...

balonmán

cangas frigorificos... teucro...

celta b, negreira, pontevedra

2ºB

leite rio breogan

sddsadasdas

racing de ferrol

joer...

lobelle y azkar

a ver que fan estes

celta!

evidentemente

pedrosa

gana

alonso

a ver a ver a ver

partidos de la jornada

claro claro

San Marino - España... Líder deportivo do ano...

San Marino - España... Líder deportivo do ano...

Nada máis e nada menos que case oito millóns e medio de espectadores (exactamente 8.496.000 teleespectadores), seguiron o último partido de clasificación para o Mundial da selección española fronte a San Marino. Estamos ante o acontecemento deportivo máis visto de todo o ano, por riba das carreiras de Fernando Alonso nos grandes premios de Fórmula I. Os espectadores superaron en dous millóns ó anterior partido da selección fronte a Bélxica, supostamente, unha selección de maior rango, xa que, San Marino non gañou nin un so partido da fase de clasificación. Desta maneira, Antena 3, a cal acadou os dereitos dos partidos da selección para estes dous encontros... Ademais, é posible que sexa esta canle a que tamén retransmita o partido de repesca da selección, e tamén puxará polos partidos de Champions League dos equipos españois o ano que vén, ó igual que o Mundial de Alemaña do ano que vén. No día de onte, o 2º programa máis visto foi Hospital Central, con case cinco millóns e medio de audiencia... Se non houbese fútbol, probablemente sería esta serie o líder de audiencia... A ver que pasará coa repesca... Será máis vista que este partido?

Zapatero afirma ter ata 8 fórmulas para denominar Cataluña

Zapatero afirma ter ata 8 fórmulas para denominar Cataluña

O presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, afirma poder respectar a Constitución Española de 1978 no seu Artigo II, denominando Cataluña dunha maneira satisfactoria para todos... Porque moitos cataláns afirman que a súa comunidade é unha nación, e moitos españois cren que España é a única nación, segundo o presidente, débense respectar a todos. Pero no propio partido hai multitude de opinións: Maragall non estaría totalmente en contra se Cataluña fora denominada nación, mentres que Ibarra, o presidente de Extremadura, mantén que non permitirá que Cataluña sexa catalogada coma nación. O ministro de Defensa, José Bono expón que nación soamente pode ser España senón se trocan algúns dos artigos da Constitución.

Segundo o presidente do goberno, as súas fórmulas non son tan complicadas como a opinión pública pensa, senón que son alternativas sólidas nas que ambas partes quedarán satisfeitas. El Estatut, un documento de trinta páxinas aproximadamente, é un asunto de espinosa actualidade e de difícil solución... O Estatuto Valenciano foi rapidamente despachado, pero cando se fala de nacións... A maioría dos partidos, e o partido maioritario por desgracia, pensa que de nación, pásase a Estado, e que se consideramos nación Cataluña, máis tarde esta, pasarase a independizar de España. Cal será a denominación que se lle colgará a Cataluña? "Territorio que é España pero é un pouco máis independente porque ten unha lingua, cultura e folclore diferente"? Pois algo así, seguramente... Que podemos esperar?

As nais son todas unhas Reinas...

As nais son todas unhas Reinas...

Cun reparto incríble e de luxo, estreouse xa hai un mes nas nosas carteleras, a película de Manuel Gómez Pereira, Reinas. Basada principalmente na actual nova norma impulsada polo goberno do PSOE de permiso de matrimonio ós homosexuais, Gómez Pereira, céntrase neste caso, no sexo masculino. Tres parellas están a piques de contraer nupcias o mesmo día (o cal sería o día das primeiras vodas gays en España). Entre elas tres non hai aparente relazón, pero en realidade o que cobra especial importancia na película son as nais. Nuria (Verónica Forqué) é unha muller ninfónama que non pode controlar os seus instintos e o seu fillo está traballando en Bruselas. Magda (Carmen Maura) é a dona dun hotel-restaurante onde se celebrarán os banquetes nupciais. Reyes (Marisa Paredes) é unha actriz e o seu fillo namórase do fillo do xardineiro de toda a vida. Ademais do amor entre os fillos, xorde unha intensa atracción entre os pais... Ofelia (Bettiana Blum) vén de Arxentina, supostamente só para asistir á voda do seu fillo, aínda que despois parece que non quere regresar a Arxentina, xa que vendeu a súa casa e os seus negocios alí...

A partir destes personaxes xorden diversas e moi desafortunadas aventuras... Nuria non pode evitar os seus instintos e acaba bicando a quen non debería, Ofelia "perde" a súa cadela e non sabe como vivir sen ela... Magda ten un problema cos seus traballadores e perigra o banquete nupcial... Multitude de desaventuras, por dicilo dalgunha maneira, todo nun ambiente snob e de luxo: nos millores hoteis, apartamentos e lugares da capital. Como acabarán as vodas?

Pero por favor, que anuncio é ese...

Pero por favor, que anuncio é ese...

As pregrarias de corenta millóns de españois foron escoitadas... Agora a por San Marino... Todos con España (a típica canción de Igrexa de fondo...) Todos ó Mundial...

Vaia anuncio máis facha! É incríble como se deixa ver Antena 3 as súas inclinacións cos detalles máis absurdos... É certo que tódolos españois rezaramos para que a selección gañara a Bélxica? É iso un milagre? Paréceme vergonzoso... Non me parece desafortunado que os xogadores se abracen en canto soe o himno, pero si semella triste que o que peor está xogando e aínda por riba é o noso capitán, esté cabeza erguida hacia o ceo... Onde mirará? Que querrá demostrar con iso??

E que foron das críticas ó xogador basco Del Horno, o cal se manifestou antes de Euskadi que español? Pois agora o tedes no banquiño, ou nin tan sequera iso, porque ó seleccionador Luis Aragonés non lle pareceu que sentía as cores...

Enfín, unha campaña que menos mal que só durou catro días, porque despois de ter que ir á repesca... Quedaron ben caladiños....

claro claro

o roio o roio

AMSTEL: Unha campaña en siglas

AMSTEL: Unha campaña en siglas

Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 1

Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 2

Estamos ante unha das millores campañas españolas neste ano. A cervexa Amstel decidiu xogar co seu propio nome, facendo unha serie de reclamos publicitarios nos cales empregaba o seu nome para formar un acrónimo. Os dous maís coñecidos son:

A: Amigo
M: Mío
S: Solo
T: Tú
E: Encuentras
L: Leña

E... por outra banda... Hai que ter en conta o cabelo...

A: Amigo
M: Mío
S: Si
T: Te
E: Echaras
L: Laca

Estes spots foron creados todos a partir das siglas, e coas particulares cancións como fío conductor... Nun, o protagonista é un dianteiro de fútbol que grazas a ter unha particular melena chea de laca, pode consegui-lo triunfo (deste modo, Amstel segue potenciando e dándolle continuidade a súa relazón co deporte rei). Noutro, temos a un home que fai todo polos seus compañeiros cada vez que van de acampada. Tece xerseis, fai tortillas, é o único que ten furgoneta e, por suposto, só el atopa leña. Os spots non teñen desperdicio ningún, ademáis de ter unha música pegadiza que será lembrada sempre...

Resultados na última xornada de clasificación

Resultados na última xornada de clasificación

A última xornada, decidiu, na maioría dos casos, cales serían os asistentes á próxima cita mundial de Alemaña 2006. En todo o globo, estes foron os resultados:

(En negriña, os partidos que foron determinantes)

Zona UEFA

Andorra 0-3 Armenia
Finlandia 0-3 Rep. Checa
Holanda 0-0 Macedonia
Kazaxistán 1-2 Dinamarca
Albania 0-1 Turquía
Grecia 1-0 Xeorxia
Eslovaquia 0-0 Rusia
Portugal 3-0 Letonia
Luxemburgo 0-2 Estonia
Francia 4-0 Chipre
Eire 0-0 Suíza
Eslovenia 0-3 Escocia
Bielorrusia 0-1 Noruega
Italia 2-1 Moldavia
Inglaterra 2-1 Polonia
Gales 2-0 Azerbaixán
Austria 2-0 Irlanda do Norte
San Marino 0-6 España
Lituania 1-1 Bélxica
Serbia 1-0 Bosnia
Malta 1-1 Bulgaria
Hungría 0-0 Croacia
Suecia 3-1 Islandia

Zona CONCACAF

Estados Unidos 2-0 Panamá
Guatemala 3-1 Costa Rica
Trinidade e Tobago 2-1 México

Zona CONMEBOL

Uruguai 1-0 Arxentina
Brasil 3-0 Venezuela
Paraguai 0-1 Colombia
Chile 0-0 Ecuador
Perú 4-1 Bolivia